Hoxe tocou facer unha buxaina con cartulina e un lapis. Da goma despois de varios intentos prescindín. Despois de elaborar a miña buxaina caseira coloquei seis céntimos de euro pegados con cinta adhesiva o máis preto posible do eixo. Practiquei varios lanzamento e o mellor deles aproximouse aos tres segundos. A buxaina desestabilízase demasiado... Complicado facela xirar.
Movín os céntimos de euro ao bordo esterior da miña buxaina. Parece que así aguanta máis tempo xirando, cerca dos seis segundos. Novo récor.
Despois do feito podo supoñer que se reparto o peso máis lonxe do eixo da buxaina esta é máis estable e xira durante máis tempo.


No hay comentarios:
Publicar un comentario